Biografía

Comezos

Todo comezou cando tiña 7 anos. Facendo a carta a Santa Claus decidín substituir os meus xoguetes favoritos por un pequeno acordeón que vira nunha revista de xoguetes. Alí estaba, baixo a árbore o día de Nadal.

Cando fixen soar as miñas primeiras notas sen ter nin idea sentín que un dos meuss soños faciase realidade. A partir de ese momento comecei a tocar pequenas melodías que escoitaba na TV ,radio, ou incluso escoitaba pola casa.

Pouco tempo despois entro na Rondalla de Aguiño para aprender a tocar a Guitarra e integrarme a ese grupo con tradición de máis de 30 anos do que hoxe en día son director. Era tan grande o meu interese por aprender música que un ano despois de que Santa Claus me trouxera ese pequeno acordeón comecei os estudos oficiais no conservatorio con piano e violín (que hoxe en día continúo).

A miña paixón pola música creceu de tal xeito que a idade de 10 anos tiña claro que era unha das poucas cousas que me gustaban. Ao alcanzar a adolescencia con 13 anos comecei a escrobir pequenas poesías e ao mesmo tempo a engadía algunha nota a esas letras. O certo é que non eran de todo moi bonitas, pero despois de varios anos, vexo que as miñas composicións comezan a gustar á xente.

Decido utilizar os meus estudos de educación vocal para darlle vida a esas pezas que pouco a pouco facía como forma de expresar o meu mundo interior, pero nunca saíndo das paredes do meu dormitorio; pois o medo a cantar en público e a reacción da xente as miñas cancións era incalculable. Pouco tempo despois de comezar a ensinar as cancións a familiares e amigos máis cercanos que me apoian para seguir compoñendo.

Presente e futuro

Aos 15 anos de idade comezo a dirixir (sen ter a menor idea) esa pequena agrupación na que comezára a tocar a guitarra anos atrás, facendo as miñas propias adaptacións e arranxos.

Aos 17 anos, decido mostrar a miña música ao público con unha das cancións do meu próximo disco dedicado ao meu pobo e levando o seu nome "Aguiño". Vendo o seu bo resultado e o incremento de reproducións polas redes sociais gravei a miña primeira maqueta nun estudio profesional con algunhas das miñas cancións ese mesmo verán.

Comenzo a gravar o meu primeiro disco en 2016, non sei como resultará, pero o que queda claro é que a vida está chea de experiencias.

Espero que o disfruten.


Copyright Alex Millet